O sistema AER, empregado polo Ministerio de Educación e Cultura para acceder a través de internet aos contidos dos distintos arquivos que dependen desta institución, vén de ser substituido polo sistema PARES (Portal de Arquivos Españois), que iniciou a súa andaina este martes 8 de maio.

A nova dirección de acceso é http://pares.mcu.es, que non necesita de claves e contraseñas, como era habitual no sistema AER.

Outra das novidades é a inclusión dun apartado adicado ao Catastro de Ensenada, contando cunha versión dixital que todo o mundo poderá consultar dende as súas casas, e sen terse que trasladar aos Arquivos Históricos de cada municipio.

Inicia a súa andaina o novo sistema de arquivos estatais en rede

O sistema AER, empregado polo Ministerio de Educación e Cultura para acceder a través de internet aos contidos dos distintos arquivos que dependen desta institución (Archivo General de Indias, Archivo General de Simancas, Archivo Histórico Nacional, Archivo de la Corona de Aragón, Archivo General de la Administración, Archivo General de la Guerra Civil, Archivo de la Real Chancillería de Valladolid, Archivos Históricos Provinciales de Álava, Guipúzcoa e Vizcaya, e mailo Archivo Central del Ministerio de Cultura), vén de ser substituido polo sistema PARES (Portal de Arquivos Españois), que iniciou a súa andaina este martes 8 de maio.

Ademáis de dar cabida a tódolos contidos que xa aparecían en AER, coa chegada deste novo sistema se incrementará o conxunto de textos e imaxes aos que os internautas poderán ter acceso. É o caso da dixitalización que se ultima dos pleitos de fidalguía.

Asemade, outra das novidades é a dixitalización do Catastro do Marqués de Ensenada, que pode ser consultado no referente a tódalas localidades españolas, menos as do reino de Aragón.

Debido á resolución ministerial que suspende o uso dos carnés de investigador, esta nova web non necesitará deste requisito, e o acceso faráse directamente, sen ter que introducir claves e contraseñas por parte dos usuarios. Isto mesmo fará que os contidos memorizados nas axendas dos investigadores en AER non sexan accesibles mediante o de PARES, que engadirá un novidoso sistema de axenda.