I XERACIÓN

  • Ramón Cunqueiro Mariño. Oriundo de Vilagarcia de Arousa.
    Casou con Carlota Mariño Huerta. Natural da parroquia de Romai concello de Portas (Pontevedra). Tiveron por fillo a:

II XERACIÓN

  • Carlos Cunqueiro Mariño de Lobeira. Natural de Vilagarcia de Arousa.
    Casou con Carmen Montenegro Barcino. Natural da Pobra do Caramiñal. Filla de Benito Montenegro Saco e Dolores Barcino Biceto, oriundos de Vigo. Tiveron por fillo a:

III XERACIÓN

  • Joaquín Cunqueiro Montenegro. Natural de Cambados, boticário.
    Casou con Josefa Mora Moiron. Natural de Madrid. Filla de Manuel Mora Bermúdez e Carmen Moiron Agüera, naturais de Riotorto.
    A casa de Moirón, situada no Mazo (Riotorto), de onde procede a familia materna do escritor, tamén é coñecida como "Pazo de Agüera", e desta casa foron os curas don Justo e don Patricio Moirón Agüera, irmáns da avoa de Cunqueiro. Este último, don Patricio, figura nun anuario industrial editado en 1932 como propietario dunha fábrica de electricidade na Pértega, Riotorto (moi perto do Mazo).
    Tiveron por fillos a

IV XERACIÓN

  1. Carmen Cunqueiro Mora. Falecida o 3 de maio de 2006 os 93 anos de idade na súa casa de Mondoñedo
  2. Álvaro Patricio Cunqueiro Mora. Escritor. Nado na cidade de Mondoñedo o 22 de decembro de 1911 e falecido no Hospital Xeral da cidade de Vigo o 28 de marzo de 1981.
    Casou con Elvira Josefa Gonzales-Seco Seoane. Tiveron por fillos a V.
  3. José Cunqueiro Mora.
  4. Carlos Cunqueiro Mora.
  5. Joaquin Cunqueiro Mora.

V XERACIÓN

  1. Cesar Cunqueiro González-Seco.
  2. Alvaro Cunqueiro González-Seco.