I XERACIÓN

  • Juan Fernández Latorre. Nado en A Coruña o 8 de outubro de 1844. Falecido o 14 de marzo de 1912. Xornalista e político. Fundador do xornal “La Voz de Galicia”. Deputado republicano a Cortes por Ortigueira, en 1891, e por A Coruña en 1910. Subsecretario de Gobernación. Gobernador Civil de Madrid entre 1911 e 1912.
    Casou con Felisa Ozores de Prado e Neira. Falecida en Madrid o 10 de febreiro de 1929. Filla de Eduardo Ozores Valderrama e Ramona de Prazo e Ozores, III marquesa de Hombreiro (para a súa ascendencia ver Hombreiro marqueses de).
    Tralo seu matrimonio comprou o pazo de Miraflores onde pasaban os veráns.
    Tiveron por fillas a:

II XERACIÓN

  1. Felisa Fernández-Latorre e Ozores. Finada en 1989.
  2. María Victoria Fernández-Latorre e Ozores. Nada en Madrid, no antigo pazo do Goberno Civil, o 8 de xaneiro de 1906 e finada o 10 de decembro do ano 2000. Afillada de María Victoria Montero Ríos.
    Casou en primeiras nupcias en setembro de 1924 con José Fernández-España e Vigil. Director de Obras do Ferrocarril Zamora-Ourense. Falecido en accidente de tráfico cerca de Verín o 26 de maio de 1927.
    Casou en segundas nupcias en abril de 1931 con Emilio Rey Romero. Farmacéutico. Gran impulsor e baluarte de La Voz de Galicia, e presidente do seu consello de administración. Falecido o 17 de abril de 1987.

III XERACIÓN

  1. Victoria Fernández-España e Fernández-Latorre (máis coñecida como Victoria Armesto). Nada en xuño de 1925. Falecida o 10 de xuño de 1999. Xornalista e política. Escritora. Deputada a Cortes por entre os anos 1977 e 1986. Vicepresidenta do Congreso.
    Casou en 1950 con Felipe Fernández Armesto (máis coñecido como Augusto Assía). Xornalista e Escritor. Nado no concello de A Mezquita (Ourense) o 20 de abril de 1906. Falecido o 2 de febreiro de 2002. Tiveron por fillo a IV 1.
  2. María Josefa Fernández-España e Fernández-Latorre. Nada en 1927. Filla póstuma do seu pai.
    Casou con Juan Hernández-Canut e Escrivá. Fillo de Juan Hernández Escrivá e de Adela Canut Costa. Tiveron por fillos a IV 2 e 3.
  3. Emilio Rey e Fernández-Latorre. Nado en 1932. Falecido o 12 de abril de 1988.
  4. Santiago Rey e Fernández-Latorre. Nado en 1938. Xemelgo de Paloma. Propietario e presidente da Corporación Voz de Galicia S.A.
    Casou con Celia Berguer Sández. Tiveron por fillos a IV 4 e 5.
  5. Paloma Rey e Fernández-Latorre. Nada en 1938. Xemelga de Santiago.

IV XERACIÓN

  1. Juan Fernández Armesto. Catedrático de Dereito Mercantil na Universidade Pontificia de Comillas. Presidente da Comisión Nacional do Mercado de Valores
  2. Juan Hernández-Canut e Fernández-España
    Casou con Teresa Lafuenta González. Nada en Tánger (Marrocos) o 16 de decembro de 1954. Filla de Eusebio Lafuente Hernández e de Helena González Taillefer. Tiveron por fillos a V.
  3. Emilio Rey Berguer
  4. Santiago Rey Berguer

V XERACIÓN

  1. Lucía Hernández-Canut e Lafuente
  2. Beatriz Hernández-Canut e Lafuente
  3. Paloma Hernández-Canut e Lafuente

FONTES

  • http://lavozdegalicia.es/buscavoz/ver_resultado.jsp?TEXTO=343808&lnk=NUPCIAS,1906,CONTRAJO,1927,1932,1929
  • http://es.wikipedia.org/wiki/Juan_Fern%C3%A1ndez_Latorre
  • http://www.jfarmesto.com/cv.htm#
  • http://www.galegos.info/detalle.php?id=1045&tabla=galegos
  • http://gw.geneanet.org/index.php3?b=mlafuen&lang=es;m=D;p=juan;n=fernandez+latorre&siblings=on¬es=on&t=T&v=5&image=on